SKALE

Exercicio complementario en dieta para queimar calorías

 

Escolle unha canción que che incite ao movemento e que a súa duración sexa superior aos 3 minutos.

 

Tentaremos aguantar ata o final da canción, as primeiras veces custarache, pero non desistas! porque en pouco tempo lograrás aguantar ata o final da canción.

 

Se che resulta monótono o estar a saltar continuamente, podes tentar engadir outros exercicios como cruzar mans, saltar a unha perna…

 

Un bo adestramento sería encadear 3 ó 4 cancións, descansando 1 minuto entre canción e canción. Con iso conseguimos un consumo calórico óptimo como complemento á nosa dieta.