SKALE

¿Por que é importante a limpeza facial?

Durante o día, vémonos expostos a moitos factores como o sol, a contaminación ou o po, que fan que a nosa pel vaia adquirindo impurezas e perda luminosidade e hidratación. E pola noite, a nosa pel produce un exceso de graxa ao durmir. Todo iso ocasiona un envellecemento prematuro da nosa pel.

 

Se realizamos unha correcta limpeza facial a diario axudaranos a manter a nosa pel suave, tersa e limpa. O ideal é limpar a pel dúas veces ao día: pola mañá e pola noite.

 

O primeiro é escoller produtos de calidade que axuden a eliminar perfectamente tanto a sucidade, a maquillaxe, etc., pero sen danar a nosa pel. Nós propoñémosche a Escuma Limpadora Flexible Cleansing da Mer porque non só limpa profundamente a pel, senón que tamén a hidrata. Ademais, constitúe a preparación previa ideal para a aplicación dunha crema tratante.

 

O seu uso é moi sinxelo, tan só debes poñer unha pequena porción de escuma sobre as mans e aplicar sobre o rostro dando suaves movementos circulares. Posteriormente retiramos coa toalliña (falamos dela no post anterior) humedecida en auga, ata que vexamos que retiramos completamente a escuma.

 

Poderás observar os cambios en moi pouco tempo!

Xa nos contarás…