SKALE

Exercicio complementario para queimar calorías

No seguinte vídeo imos facer sentadillas ao ritmo da música, combinándoo cunha serie de movementos.

 

Poderemos subir a nosa frecuencia cardíaca por encima de 147 ppm, e xa estaremos nun exercicio aeróbico intensivo. Ademais, melloraremos a nosa postura, a nosa coordinación e tonificaremos coxas e glúteos.

 

Se enlazamos 3 ou 4 cancións (como faciamos ao saltar á corda), descansando entre elas 1 minuto, lograremos un consumo calórico diario importante. E os máis avanzadospoderemos combinar unha canción saltando á corda con outra canción facendo sentadillas.

 

Para realizar a sentadilla de forma correcta debes baixar coma se tratases de sentarche sacando ben os glúteos cara a fóra; pero, para evitar lesións, é moi importante que os xeonllos nunca excedan a punta dos pés. Sobe e repite o movemento. Ata coller práctica, é mellor baixar menos ao principio e ir avanzando aos poucos.

Veña imos…ANÍMACHE!