O konjac( Amorphophallus konjac) é un tubérculo orixinario de Asia, pero a diferenza da pasta, este non ten carbohidratos, a súa composición é unha 90% auga e unha 10% fibra. Por iso é idóneopara a nosa pauta alimentaria, xa que non ten graxas, proteínas, nin hidratos, e ademais dános sensación de saciedade!
Podémolo atopar na maioría dos supermercados pero debemos comprar só a pasta Konjac, non debemos confundilo cos que xa veñen preparados con salsas.
Suxerímosvos a seguinte receita:
Espetadas de salmón con pasta Konjac
Ingredientes (Para 1 persoa)
- 250 gr de salmón
- 250 gr de fideos Konjac
- tomates cereixa (ou calquera hortaliza)
- 1 limón
- 3 cdas. de salsa de soia baixa en sodio
- Especias orientais
Preparación
Cortamos o salmón en dados.
Nun bol mesturamos o zume de limón coa salsa de soia e engadimos os anaquiños de peixe.
Marinamos durante 1 hora no frigorífico.
Mentres collemos os fideos Konjac e lavámolos ben con auga nun colador grande.
Poñemos unha pota con auga e cando comece a ferver introducimos a pasta e deixámolos cociñar durante 2-3 minutos. Escorre os fideos e bótaos nunha tixola quente sen graxa ou líquidos. Pasar a lume medio-alto durante uns 10 minutos. Neste punto, ten coidado de non secalos demasiado para que non reduzan o seu tamaño.
Retira para un prato.
A continuación preparamos as espetadas intercalando salmón cos tomatitos.
Cociñamos nunha grella lixeiramente engraxada con aceite de oliva e lle espolvoreamos as especias.
Servimos ao prato e listo!